Saturday 29 de June de 2024

Medio cento de veciños e veciñas participan na excursión á Ribeira Sacra do programa “Boqueixón en ruta”


Algo máis de cincuenta veciños e veciñas de Boqueixón participaron esta fin de semana nunha excursión á Ribeira Sacra, a segunda das saídas incluídas no programa “Boqueixón en ruta”. A expedición boqueixanesa percorreu os canóns do Sil en catamarán durante a mañá e tras o xantar visitou a localidade de Castro Caldelas e o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, no conxunto de San Pedro de Rocas.

A próxima saída terá como destino ás Rías Baixas e celebrarase o mércores 3 de xullo. Antes, o vindeiro sábado 15 de xuño terá lugar unha ruta de sendeirismo entre Laxe e Arou. Máis información e inscricións no Concello ou no 981 513 115. As prazas e o número de asento no autobús adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.